Oferta de emprego: Axente TIC para Aula Cemit
15-06-2022

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal, para a aula CEMIT.
O prazo de inscrición comenza mañá día 16 de xuño e finaliza o 22 de xuño de 2022, realizándose o proceso de selección o día 23 de xuño de 2022, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board